Ética e investigación

É fundamental ser consciente das implicacións éticas que implica a investigación nos sus diferentes eidos.

Toda investigación debe desenvolverse dentro dos límites establecidos polo ordenamento xurídico, entre os que destacan os derivados dos compromisos éticos asumidos pola comunidade científica e as normas deontolóxicas.

A Universidade de Vigo comparte o espírito da “Declaración sobre a Ciencia e o uso do saber científico” da UNESCO, especialmente no relativo á necesidade de que a práctica da investigación científica e os seus resultados deben estar sempre encamiñados a lograr o benestar da humanidade, respectando a dignidade e os dereitos dos seres humanos e o medio ambiente.

Coincide tamén na necesidade de adoptar medidas axeitadas en relación cos aspectos éticos da práctica científica e o uso do coñecemento científico e as súas aplicacións. Ademais, a Universidade de Vigo está adherida ao “European Charter and Code for Researchers”, que inclúe A Carta Europea do Investigador (conxunto de principios e esixencias xerais que especifican as funcións, responsabilidades e dereitos do persoal investigador) e o Código de Conducta para a contratación do persoal investigador.

 

Os seguintes organos da Universidade de Vigo velan para que se cumpran os principios éticos da investigación:

raton

Comité ético de experimentación animal (CEEA-OH)

Organo ao que se dirixen as solicitudes de autorización de procedementos (docencia ou investigación) que requiran experimentación animal

Ir a Comité

 

Investigar

 

Comisión de investigación

Organo ao que se dirixen as solicitudes de autorización do resto de procedementos de experimentación que a requiran

Ir a Comisión

 

 

A Universidade de Vigo adheriuse ao Acordo de Transparencia en Experimentación Animal, promovido dende a Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE), coa colaboración da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA) e lanzado o 20 de setembro de 2016.

Somos conscientes que a investigación animal xoga un papel fundamental no coñecemento dos mecanismos biolóxicos que están involucrados nas enfermidades e no desenvolvemento de tratamientos médicos. Sen o uso de animais, non disporíamos da maioría das medicinas, antibióticos, vacunas e técnicas quirúrxicas que se aplican en medicina humana e veterinaria.

Unha parte do traballo científico que se realiza na Universidade de Vigo e que contribue á mellora da vida das persoas é grazas á utilización de animais, por exemplo nos estudos de Inmunoloxía, Parasitoloxía, Endocrinoloxía ou Neurofisioloxía.

O benestar dos animais de experimentación é un tema fundamental para a Universidade de Vigo, así como o estrito respeto e cumprimento da lexislación vixente sobre protección de animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia. O noso obxectivo é alcanzar os máis altos estándares de benestar animal, non soamente dende o punto da responsabilidade moral sobre os mesmos, senón tamén porque non se podería lograr ciencia de calidade sen benestar animal.

A nosa experimentación animal cumpre cos estándares legais e é revisada por un comité ético de experimentación animal, que promove o uso de métodos alternativos, a redución do número de animais utilizados, e o refinamiento dos procedementos experimentais. Ningún proxecto de investigación que requira o uso de animais pode comezar sen a preceptiva avaliación ética e a autorización final por parte da respectiva autoridade competente.

A Universidade de Vigo ocupase de garantir tamén que tanto o persoal ao coidado dos animais como os investigadores involucrados en experimentación conten coa formación e coñecementos necesarios, e se compromete a proporcionar os recursos precisos para o correcto mantemento dos animais de experimentación no que se refire a instalacións, manutención, benestar e atención veterinaria.

 

Resulta fundamental proporcionar ao persoal investigador unha serie de pautas e de principios que garantan a honestidade, rigor, responsabilidade e transparencia na súa actividade investigadora, prestando especial atención a que o persoal investigador en formación adquira xa esas boas prácticas científicas desde os estadios iniciais da súa traxectoria profesional.

De feito, estas pautas de actuación teñen que ser extensivas á comunidade universitaria no seu conxunto, polo que serán aplicables a todo o persoal da Universidade de Vigo (científico, técnico, de administración e servizos, asesor e directivo), ncluído o persoal investigador que se atopa en formación, e, na medida do posible, ás entidades participadas pola universidade.

A Guía de boas prácticas en investigación da Universidade de Vigo (aprobada en Consello de Goberno de 20 de marzo de 2018) recolle un conxunto de compromisos e recomendacións que servirán como guía para que o persoal investigador desempeñe a súa actividade de acordo a criterios éticos e á normativa legal vixente.

Constitúe, a efectos prácticos, un instrumento de autorregulación que complementa á lexislación en vigor e que favorecerá unha investigación de calidade, evitando comportamentos faltos de integridade.

Pódese consultar a actual guia completa na parte final desta páxina, no apartado "Documentos de interese"


 

Documentación de interese

Guia de boas practicas de investigación da Uvigo (Consello Goberno 20/03/2018)201.99 KB Recomendacións éticas194.87 KB