Liñas de especialización

A Universidade de Vigo aposta pola especialización, con catro grandes líñas, que abranguen diferentes áreas e capacidades da súa contorna. Estas liñas promoven a investigación de excelencia, a internacionalización do coñecemento e as relacións entre universidade e sociedade, favorecendo a transferencia do coñecemento xerado na universidade ao tecido produtivo.

 

Logo Campus da Auga

Campus da Auga (Ourense)

Constitúe un campus en temáticas relacionadas coa auga, con capacidade para expandir a investigación e innovación e para obter novas fontes de financiación que aseguren o seu papel na comunidade internacional de educación superior.

Ir ao campus de Ourense

 


Logo Campus Crea

Campus CREA S2i (Pontevedra)

Aporta maior singularidade e especialización ao campus, transformándoo nun ecosistema dinámico conectado coa contorna, que dota de identidade ás súas áreas de coñecemento: arte, comunicación e creatividade; deporte, saúde e benestar; innovación social e xestión pública; medio ambiente e natureza.

Ir ao campus de Pontevedra

 


Logo Vigo Tecnolóxico

Vigo Tecnolóxico (Vigo)

Reúne as competencias científicas e tecnolóxicas da UVigo nos ámbitos biomédico, telecomunicacións, industria e enerxía e aeroespacial, para crear e transferir coñecemento e innovacións baixo un enfoque cooperativo multi e inter-disciplinar.

Ir ao campus de Vigo

 


Logo Campus do Mar

Campus do Mar

Reúne grupos de investigación do ámbito mariño e marítimo, co obxectivo de formar aos mellores profesionais en ciencias do mar; xerar investigación de calidade e impacto internacional; e proporcionar á industria as ferramentas para mellorar a súa competitividade.

Ir ao campus do mar