Vese unha máquina

Agrupacións estratéxicas e centros de investigación

Os centros de apoio á investigación teñen como obxectivo prestar asistencia instrumental, científica e tecnolóxica en tódolos ámbitos do coñecemento, nos labores de investigación, desenvolvemento e innovación, ben sexan desenvoltos por nós dende a universidade ou por outros organismos públicos ou empresas, proporcionando equipos e instalacións que pola súa especificidade, nivel tecnolóxico ou custo, é aconsellable manter de maneira centralizada.

CACTI

Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI)

Constitúe a nosa aposta pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional dende 1991. Entre os seus obxectivos está a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto a membros da comunidade universitaria como a Organismos Públicos de Investigación (OPIs) no ámbito nacional e internacional e entidades privadas da nosa contorna.

Ir á CACTI

 

CITI

Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

O CITI busca potenciar o desenvolvemento da I+D+i nas empresas mediante a creación de espazos de colaboración para favorecer e transferir coñecemento dende a universidade ao tecido empresarial a través de  proxectos conxuntos de I+D+i relacionados co ámbito agroalimentario, biotecnoloxía, enerxía, medio ambiente e tecnoloxías da información.

Ir á CITI

 

MTI

Centro de investigación tecnolóxica industrial (MTI)

Unha infraestrutura creada para dar soporte e fomento a labores de investigación, desenvolvemento e transferencia no campo das Tecnoloxías e Procesos Industriais. Comparten espazo e realizan labores de investigación e transferencia grupos relacionados coas áreas de Enxeñería de Fabricación, Física Aplicada, Tecnoloxía Electrónica, Enxeñería Mecánica, Geotecnoloxía, Tecnoloxía Enerxética, Enxeñería Eléctrica, Enxeñería Química e Explotación de Minas, en dúas plantas de laboratorios e unha de talleres.

Ir á MTI

A evolución e consolidación das agrupacións de investigación fan aconsellable o establecemento de centros singulares de investigación como estruturas específicas. Estes centros axudannos a prestar un marco legal axeitado aos labores da I+D+i no ámbito da súa competencia xa teñan un carácter estratéxico sectorial ou transversal, ademais de dar apoio instrumental, científico e tecnolóxico.

 

AtlantTIC

Centro de investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións (AtlantTIC)

Impulsado por nós e asentado no Campus de Vigo desenvolve a súa actividade científica no ámbito da privacidade e a seguridade, as tecnoloxías multimedia, as redes de datos, os e-servizos, a bioenxeñaría, o radar, as comunicacións por satélite e, en xeral, as comunicacións radio e ópticas.

Ir á AtlantTIC

 

ECIMAT

Centro de Investigación Mariña (CIM)

Na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) está o Centro de Investigación Mariña. Foi inaugurado en 2006 en resposta á vocación da universidade, unha das institucións líderes en investigación mariña en España.

Ir ao CIM

 

CINBIO

Centro de investigacións biomédicas (CINBIO)

O noso centro de investigación multidisciplinar ten a súa orixe na necesidade de dotar de equipamento e infraestrutura común  ao persoal investigador especializado en biomedicina da Universidade de Vigo. O centro acolle instalacións bio-experimentais e un laboratorio BSL3, único no noroeste estatal.

Ir á CINBIO

Co obxecto de favorecer a integración de capacidades dispersas e mellorar a competitividade máis aló do ámbito local, logrando satisfacer as necesidades da sociedade e o sector produtivo, o persoal investigador e grupos de investigación poden organizarse en agrupacións estratéxicas. Estas unidades organizativas cun nivel de agregación superior ao grupo teñen por obxectivo desenvolver unha actividade colaborativa estable e planificada con obxectivos de I+D e transferencia propios, en liñas de investigación prioritarias para nós e posúen masa crítica e recursos suficientes para alcanzar altos niveis de competitividade na captación de recursos e xeración de coñecemento.

Centro de Investigacións Agroambientais e Alimentarias CIA

A agrupación estratéxica de investigacions agroambientais e alimentarias está constituida por grupos de investigación do CITI (Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, da Tecnópole), da Facultade de Ciencias de Ourense e da Facultade de Bioloxía de Vigo, reunindo a varias deceas de investigadores e investigadoras. As súas principais áreas de traballo son: a calidade e seguridade alimentaria,o desenvolvemento de novos produtos alimentarios e a produción primaria sostible.

Ir á CIA

Economics and Business Administration for Society ECOBAS

O seu obxectivo é unificar e consolidar a colaboración entre os grupos de investigación de referencia no ámbito da economía e a empresa co fin de maximizar o impacto académico, económico e social das súas actividades de I+D+i a nivel rexional, nacional e internacional. Se ben as disciplinas de coñecemento de Economía e Empresa permiten unha transversalidade na aplicación dos resultados de investigación en diferentes sectores, a agrupación impacta dun xeito máis directo noutros sectores, que ademais están fixados coma prioritarios na Estratexia RIS3 do Sistema Galego de Innovación: valorización dos recursos do mar,  acuicultura, diversificación do sector enerxético, modernización do sector turismo, mellora da competitividade industrial, impulso da economía do coñecemento e novo modelo de vida saudable.

Ir á ECOBAS

Agrupación Estratéxica Industria e Enerxía INEX

Un centro de referencia multidisciplinar na investigación científica e tecnolóxica orientada a resolver os retos que a industria do futuro e a sostenibilidade enerxética demandan. INEX está integrada por 23 grupos de investigación con presencia na Escola de Enxeñaría Industrial, na Escola de Enxeñaría de Minas e na Escola de Enxeñaría Forestal que, dun xeito multidisciplinar e colaborativo, dirixen os seus esforzos de investigación a axudar aos diferentes sectores industriais cara os novos retos que plantexa a 4ª revolución industrial, e a avanzar cara un modelo enerxético asequíbel, seguro, sostíbel, eficiente e moderno para toda a sociedade.