Entidades vinculadas

Contamos con diversas entidades e centros tecnolóxicos vinculados á universidade:

 

Citexvi

Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi)

O parque científico e tecnolóxico da Universidade de Vigo atópase no Campus Universitario de Lagoas Marcosende. CITEXVI posúe dúas misións básicas no seu núcleo: por unha banda, dar soporte na prestación de servizos aos grupos de investigación propios e, por outra, prestar servizos tecnolóxicos avanzados ao desenvolvemento e execución de proxectos de I+D+i empresarial que cooperan e integran grupos de investigación.

Ir a CITEXVI

 

Energylab

Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (Energylab)

EnergyLab é unha fundación de carácter privado e sen ánimo de lucro. Ten como misión desenvolver e difundir tecnoloxías, produtos e hábitos de consumo que optimicen a eficiencia e a sostenibilidade enerxética, nos sectores industrial, terciario, transporte e na sociedade en xeral.

Ir a Energylab

 

Gradiant

Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant)

Gradiant é unha fundación privada, sen ánimo de lucro establecida en decembro de 2007 co obxectivo de aliñar a I+D universitaria coas demandas empresariais, desempeñando un papel fundamental na xeración e transferencia de coñecemento en tecnoloxías da información nas comunicacións (TIC) cara as empresas.

Ir a Gradiant

 

ITMATI

Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI)

ITMATI é un consorcio público, participado polas tres universidades galegas, coa vocación de ser un centro de investigación tecnolóxica de referencia a nivel internacional no eido da Matemática Industrial. A súa principal función é a transferencia de tecnoloxía matemática para axudar á mellora da competitividade e apoiar a innovación no sector produtivo.

Ir a ITMATI