Trámites e convocatorias

Neste apartado atoparás información sobre como dar de alta e baixa grupos de investigación e ao persoal que forma parte dos mesmos. Tamén se enlazan as principais convocatorias de financiamento a grupos

 

Procedemento para a modificación da composición de grupos

 

As solicitudes de alta e de baixa de membros en grupos de investigación estarán asinadas polas persoas interesadas e polo investigador ou investigadora principal do grupo. Preséntanse nos rexistros da universidade mediante o correspondente formulario de solicitude.

A continuación atoparás a normativa de grupos e os formularios para a solicitude de modificacións.

Documentos de interese

NORMATIVA DE GRUPOS, AGRUPACIÓNS E CENTROS SINGULARES DE INVESTIGACIÓN257.02 KB Formulario de alta115.49 KB Formulario de baixa39.9 KB

 

Convocatorias para grupos

 

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas 

Esta convocatoria de financiación destinada a grupos contempla catro modalidades de solicitude: grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, redes de investigación e proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. 

As universidades son as beneficiarias destas axudas que destinarán aos seus grupos de investigación recoñecidos como tales, ás redes que se conformen e ao persoal investigador que proceda se cumpren na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos na mesma.

 

Ir á convocatoria

Programa de Soporte á Xestión Económica de Grupos de Investigación 

O programa soporte consiste na apertura de aplicaciòns orzamentarias de gasto para a xestión económica das actividades de I+D+i de grupos de investigadoras e investigadores da universidade.

 

Ir á convocatoria

 

Convocatoria para o anticipo de financiamento estrutural a grupos e persoal de investigación de traxectoria destacada

A convocatoria ten como obxectivo facilitar a dispoñibilidade de recursos económicos continuados e estables para o desenvolvemento da actividade dos grupos de investigación, contribuíndo así a minimizar as interrupcións no financiamento ocasionadas por retrasos na resolución de convocatorias competitivas externas ou ás diversas circunstancias asociadas á formalización de actividades contratadas de I+D entre outros. Este financiamento proporcionarase na modalidade de anticipo, que será reintegrado polos grupos de investigación con cargo aos fondos externos captados ou outras fontes de financiamento ás que teñan acceso.

 

Ir á convocatoria

 

Contratos programa con grupos de investigación

O obxectivo principal desta acción é facilitar o financiamento dos grupos de investigación de calidade da Universidade de Vigo e contribuír ao incremento da súa competitividade na captación de recursos externos de I+D+i. Este programa de axudas debe servir para que os grupos de investigación que estean en condicións de concorrer ás convocatorias autonómicas anuais para grupos de investigación sobresaíntes, e que non resulten adxudicatarios, poidan dispoñer dun financiamento estrutural que lles permita mellorar suficientemente a súa organización, estratexia e resultados, para ter éxito nunha próxima convocatoria. Polo tanto, a adxudicación destes contratos-programa debe estar ligada á resolución das mencionadas convocatorias autonómicas, e máis concretamente aos grupos que sendo solicitantes nestas,resultasen ben valorados pero non conseguisen ser adxudicatarios.

 

Ir á convocatoria

 

Axudas á reparación de equipamento científico

Esta acción ten como obxectivo axudar ós grupos de investigación no mantemento da súa infraestrutura científica en funcionamento. Isto inclúe a reparación e posta a punto do equipamento, quedando loxicamente excluídos os gastos funxibles e a substitución daquelas partes do equipamento que teñan necesariamente que seren substituídas cada certo tempo.

 

Ir á convocatoria