Recursos captados en I+D+i

A UVigo desenvolve unha destacada actividade investigadora nos ámbitos científico, tecnolóxico, xurídico-social e humanístico. O capital humano está constituído por máis de 1.700 persoas investigadoras, organizadas en máis de 200 grupos de investigación e aproximadamente os dous terzos posúen o título de doutor.

Como indicadores da nosa destacada actividade investigadora pódense referenciar algúns dos resultados obtidos no ano 2017 en captación de recursos externos de I+D+i:

  • 106 proxectos e accións de investigación concedidos en convocatorias competitivas autonómicas, estatais e internacionais por un importe de cerca de 19 millóns de euros (o que supón un incremento de máis do 33% respecto do ano anterior).
  • Preto de 570 informes e contratos con empresas e administracións, por un importe de cerca de 5,2 millóns de euros.

Dentro deses 106 proxectos totais destacamos a tendencia á alza no eido internacional, resultado do fomento e apoio de proxectos neste ámbito. Incrementouse ao longo do tempo tanto o número de propostas presentadas coma a calidade das mesmas. Estos son os datos: no programa H2020 ampliouse a taxa de presentación de 46 proxectos no ano 2016 a 51 no ano 2017, mantendo unha taxa de éxito próxima ao 10% e un importe total obtido de case 2 millóns de euros. Noutros proxectos internacionais (LIFE+, Cooperación Transfronteiriza, COST) acadáronse axudas por un total de algo máis de 4 millóns de euros.

Adicionalmente, nos ingresos por actividades de transferencia incluimos os fondos acadados na convocatoria Ignicia da Xunta de Galicia, na que foron concedidos preto de 1.160.612 euros para o desenvolvemento comercial de 3 iniciativas de grupos do ámbito tecnolóxico da Universidade.

En resumo, a suma total dos recursos captados supón un incremento do 21% con respecto aos resultados acadados na mesma época do ano 2016, e de cerca do 60% con respecto aos informados no ano 2015.

A Unión Europea ofrece financiación para toda clase de proxectos e programas en diversos campos de actuación. A maior parte dos fondos administrase nos propios países beneficiarios.

Máis do 76% do orzamento da UE xestionase conxuntamente coas administracións nacionais y rexionales mediante un sistema de "xestión compartida" e principalmente a través de cinco grandes fondos: os Fondos estructurais e de Inversión. Xuntos, estos instrumentos axudan a aplicar a estratexia Europa 2020.

  •     Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER): desenvolvemento rexional e urbano
  •     Fondo Social Europeo (FSE): inclusión social e boa gobernanza
  •     Fondo de Cohesión (FC): converxencia económica das rexións menos desenvolvidas
  •     Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)
  •     Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) é un instrumento financeiro para a reducción das diferenzas entre as rexións europeas que, entre outras liñas de actuación, potencia o desenvolvemento de actividades do sistema rexional de I+D+i en centros de investigación, universidades públicas e outros organismos.

O Fondo Social Europeo (FSE) é un instrumento concebido para apoiar a creación e mellora do emprego, a través de programas operativos con actuacións plurianuais.

Ofrecemosche datos dos nosos proxectos e actuacións cofinanciados con cargo a Fondos FEDER e FSE, a través das diferentes administraciones públicas encargadas da súa xestión. Concretamente, os proxectos poderían encadrarse en tres apartados:

  • Proxectos cofinanciados con Fondos FEDER asignados a través do Plan Nacional de I+D+i
  • Proxectos cofinanciados con Fondos FEDER do Plan Rexional
  •  Actuacións cofinanciadas con Fondo Social Europeo

No periodo 2014-2020 os Fondos Comunitarios teñen como obxectivo promover a competitividade e a converxencia, orientando o gasto cara a investigación e a innovación, o apoio ás pymes, a calidade do ensino e a formación, o fomento da calidade no emprego e a cohesión social e a transición hacia una economía baixa en emisións de carbono que utilice eficazmente os recursos.

Ao fondo desta páxina atoparás información sobre os proxectos concretos da Uvigo cofinanciados con fondos europeos

Feder
logo Ministerio

 

Logotipo da Xunta de Galicia

Logotipo dos fondos Next Generation

 

 

Recursos humanos

  • A Xunta de Galicia e o FSE (Fondo Social Europeo) cofinancian 16 contratos predoutorais de modalidade A.
 
 

Proxectos de investigación