Campus de especialización
A Universidade de Vigo aposta pola especialización, con catro grandes liñas, que abranguen diferentes áreas e capacidades da súa contorna. Estas liñas promoven a investigación de excelencia, a internacionalización do coñecemento e as relacións entre universidade e sociedade, favorecendo a transferencia do coñecemento xerado na universidade ao tecido produtivo.
Campus Auga (Ourense)
Promove actividades docentes, investigadoras e de transferencia de coñecemento en temáticas da auga, xerando sinerxias e liñas de actuación conxuntas entre o persoal investigador, implicando axentes sociais e económicos, así como administracións públicas, para convertelos en socios estratéxicos.
Campus CREA (Pontevedra)
O Campus Crea de Pontevedra aposta pola especialización a través da arte, da comunicación e da creatividade, da educación, da innovación social e da xestión pública, do deporte, da saúde e benestar e do medio ambiente e da natureza.
Campus Vigo Tecnolóxico (Vigo)
O campus de especialización Vigo Tecnolóxico promove a dinamización da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para convertela nun foco de excelencia educativa, investigadora e de transferencia do coñecemento no ámbito da enxeñaría.
Campus do Mar
Reúne grupos de investigación do ámbito mariño e marítimo, co obxectivo de formar os mellores profesionais en ciencias do mar; xerar investigación de calidade e impacto internacional; e proporcionar á industria as ferramentas para mellorar a súa competitividade.
Máis información:
Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal