Grupos de investigación
Os grupos de investigación constitúen a estrutura básica para o desenvolvemento, a organización e a xestión da I+D+i na Universidade
Un grupo de investigación é unha agrupación estable de persoal investigador con plena capacidade para o desenvolvemento da actividade, con obxectivos comúns e infraestruturas e recursos compartidos e suficientes que permiten unha actividade de I+D+i continuada e competitiva.
A Xunta de Galicia recoñece os grupos de investigación máis competitivos do sistema galego de investigación mediante dúas modalidades:
- Grupos de referencia competitiva (GRC) formados por polo menos cinco investigadores/as
- Grupos con potencial crecemento (GPC) formados por polo menos tres investigadores/as
En cada modalidade establécense uns requisitos mínimos de méritos científicos de excelencia.
Para coñecer todo sobre os nosos grupos de investigación, as súas capacidades e resultados, visita o Portal da investigación:
Para unha información máis ampla sobre a creación dos grupos de investigación e a súa modificación, consulta a seguinte documentación:
- Normativa de grupos, agrupacións e centros de investigación da Universidade de Vigo
- Formulario de alta nun grupo de investigación
- Formulario de baixa nun grupo de investigación
Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal