Congreso Nacional de Biotecnoloxía, BIOTEC 2019

Etiquetas
  • Congresos e xornadas
UVigo - Investigación 06/02/2019

Vigo acollerá o Congreso Nacional de Biotecnoloxía do 10 ao 13 de xuño de 2019 na sede de Afundación (rúa de Policarpo Sanz 24-26, 36202 Vigo).

Este evento, patrocinado pola Sociedade Española de Biotecnoloxía (SEBiot), vense realizando desde 1986 e na súa 17.ª edición será organizado en colaboración coa Universidade de Vigo.

Este congreso constitúe un dos foros principais de reunión dos investigadores e investigadoras españois no ámbito da biotecnoloxía e proporciona unha plataforma de interrelación entre o persoal investigador e os axentes motores de empresas, administracións públicas e asociacións privadas interesados na innovación e as novas tecnoloxías neste sector.

Ademais, nesta edición, tendo en conta a celebración en Vigo e a proximidade e fortes vínculos con Portugal, propiciarase especialmente a participación da comunidade científica do país veciño. 

Pódense consultar máis detalles na páxina web https://biotec.gal/.