Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019

Etiquetas
  • Divulgación
UVigo - Investigación 11/04/2019

A Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Axencia Galega de Innovación convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia deste ano.

Modalidades

  • Premio Francisco Guitián Ojea a un traballo de investigación aplicada. Recoñece o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. 
  • Premio Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación. O premio irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida con máis éxito ao sector empresarial. 
  • Premio Ricardo Bescansa Martínez a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Concederáselle á empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxía transferida desde un grupo de investigación galego. 

Dotación

Os tres premios estarán dotados con 6000 € cada un.

Persoas destinatarias 

  • Premios Francisco Guitián Ojea e Fernando Calvet Prats: todo o persoal adscrito a centros de investigación situados en Galicia, incluídos os centros tecnolóxicos. 
  • Ricardo Bescansa Martínez: empresas galegas ou que teñan un centro de traballo en Galicia. Quedan excluídos os grupos ou empresas galardoadas nalgunha das tres edicións anteriores do certame. 

Requisitos 

  • Francisco Guitián Ojea: a persoa solicitante debe ter a autoría e, en caso de ser varias, ten que contar coa autorización das demais. O traballo pode ser inédito ou estar xa publicado; no último caso, con posterioridade ao ano 2016. 
  • Fernando Calvet Prats: a persoa solicitante deberá contar coa aprobación explícita do/da representante legal da empresa. 

Prazo de presentación de candidaturas

Do 1 de abril ata o 31 de maio ás 15.00 h. 

Lugar de presentación de candidaturas 

De xeito telemático a través dun formulario electrónico específico para cada modalidade e dispoñible nas páxinas web da Real Academia Galega de Ciencias e da Axencia Galega de Innovación.


Consulta as bases aquí.