Vigo

SGAPEIO

24, 25 e 26 de outubro

Etiquetas
  • Congresos e xornadas
UVigo - Investigación 28/06/2019

Como resposta á petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), o Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo organiza o XIV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.

O congreso terá lugar do 24 ao 26 de outubro de 2019 na sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial, rúa do Conde de Torrecedeira, 86, 36208 Vigo. Constará de conferencias plenarias, sesións de comunicacións orais e pósters, mesas redondas, obradoiros formativos e unha exposición a cargo do Museu de Matemàtiques de Catalunya (MMACA).

Datas importantes

  • 11 de setembro: envío de traballos
  • 15 de setembro: inscrición reducida
  • A partir do 16 de setembro: inscrición normal

Máis información:

XIV Congreso SGAPEIO
Dpto. Estatística e Investigación Operativa
Escola de Enxeñería Industrial
Rúa Conde de Torrecedeira 86
36208 Vigo (Pontevedra)
+34 986 813948
sgapeio2019@uvigo.es
sgapeio2019.webs.uvigo.es