Vigo acollerá un congreso de economía da pesca do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2020
O XX Congreso Internacional Bianual do International Institute of Fisheries Economics and Trade (IIFET) celebrarase en Vigo do 29 de xuño ao 3 de xullo en Vigo. O congreso terá lugar no Auditorio Mar de Vigo e contará cun evento dun día en Santiago de Compostela.
O comité organizador está integrado por:
- Dra. Dolores Garza Gil, ECOBAS, Universidade de Vigo
- Dr. Sebastián Villasante, Universidade de Santiago de Compostela
- Dr. José Fernández Polanco, Universidad de Cantabria
- Dr. Fernando González Laxe, Universidade da Coruña
Arredor de 400 economistas, responsables e xestores públicos así como membros da industria de diferentes rexións pesqueiras do mundo encontraranse en Galicia para debater sobre temas relacionados fundamentalmente coa xestión de pesquerías, política e regulación, incluíndo a xestión baseada en ecosistemas e planificación espacial mariña; modelización bioeconómica; mercados de produtos do mar e comportamento do consumidor; comercio internacional, acordos, barreras e conflitos; dimensión de xénero en pesca e acuicultura; e contribución da pesca e acuicultura á nutrición, seguridade alimentaria e atenuación da pobreza en países en vías de desenvolvemento.
Para máis información, por favor contacta con Ann.L.Shriver@oregonstate.edu ou dgarza@uvigo.es.