Vigo acollerá un congreso de topoloxía en xuño de 2019

Etiquetas
  • Congresos e xornadas
UVigo - Investigación 24/10/2018

O Congreso terá lugar en Vigo do 19 ao 22 de xuño do 2019 e o seu principal obxectivo do evento é reunir aos principais investigadores a nivel nacional e internacional nos distintos aspectos da topoloxía ou técnicas topolóxicas aplicables a outras áreas.

Este congreso celebrarase en honor aos profesores Eusebio Corbacho Rosas (Universidade de Vigo) e Elena Martín Peinador (Universidade Complutense de Madrid) con motivo da súa xubilación.

Visita a web do congreso
 

Cartel do congreso cunha foto da escultura do Paseo de Alfonso XII de Vigo