Curso de formación de transferencia do coñecemento e tecnoloxía
A Oficina de I+D imparte distintas sesións formativas ao persoal investigador e xestor do Campus Auga no marco do Curso de formación de transferencia do coñecemento e tecnoloxía os días 16, 17 e 23 de outubro de 2024.
Na formación trataranse temas concretos e relevantes no mundo da transferencia, co obxectivo de incentivar a participación en actividades de transferencia do coñecemento e presentar as diferentes ferramentas dispoñibles para a interacción entre a universidade e o tecido socioeconómico.
Programa
- 16 de outubro, de 11.00 a 14.00 h
O sistema de innovación e os marcos institucionais e financeiros
Ángeles López Lozano, directora técnica da Oficina de I+D - 16 de outubro, de 16.00 a 19.30 h
A colaboración universidade-empresa
Cristina López Macías, técnica superior de I+D - 17 de outubro, de 100.00 a 14.00 h
A importancia da protección do coñecemento para a transferencia (2 horas)
A valorización e as vías de explotación do coñecemento (2 horas) - 17 de outubro, de 16.00 a 18.30 h
Creación de empresas a partir dos resultados de investigación
Ángeles López Lozano, directora técnica da Oficina de I+D
Novas relacionadas
Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato, 1.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 236
otri@uvigo.gal | directorio
Unidade Administrativa
Campus universitario
32004 Ourense
+34 988 387 044
otri-ourense@uvigo.gal | directorio