Seminarios TRANSFER4FUTURE
A Oficina de I+D organiza unha serie de seminarios en liña no marco do proxecto Hei4Future sobre temas concretos e relevantes no mundo da transferencia enfocadas á comunidade investigadora e ao persoal xestor dos centros e grupos de investigación da Universidade de Vigo, co obxectivo de incentivar a participación en actividades de transferencia do coñecemento e presentar as diferentes ferramentas dispoñibles para a interacción entre a universidade e o tecido socio-económico.
Modalidade:
Virtual síncrona, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo
Programa:
- Por que transferir o coñecemento?
9 de abril (1,5 horas) - A colaboración universidade-empresa
16 de abril (1,5 horas) - A importancia da protección do coñecemento
23 de abril (1,5 horas) - A valorización e as vías de explotación do coñecemento
30 de abril (1,5 horas) - Creación de empresas a partir dos resultados da investigación
7 de maio: (1,5 horas)
Horario:
Os seminario terán lugar de 9:30 a 11:00 horas
O proxecto HEI4FUTURE:
HEI4Future é un proxecto europeo financiado pola HEI Initiative da EIT e coordinado pola UVigo que ten como obxectivos desenvolver capacidades emprendedoras e de innovación das persoas vinculadas ás HEI a través de procesos de co-deseño, innovación aberta e soft skills para convertir as capacidades tecnolóxicas individuais e colectivas en novas habilidades, para a xeración de novos produtos e servizos traballando con diferentes ecosistemas industriais. Para iso o proxecto conta cun amplo catálogo de actividades para a promoción do espíritu empresarial, como son os programas formativos para profesores e persoal educativo, estudantes, directivos e emprendedores; obradoiros para a creación de equipos e xeración de ideas e apoio directo a través de redes de mentores ou programas de mobilidade internacional.
Inscrición:
A inscrición é de balde é pode realizarse a través da plataforma Bubela
Máis información:
Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato, 1.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 236
otri@uvigo.gal