Oficina de Proxectos Internacionais
A Oficina de Proxectos Internacionais é o punto único de acceso para todo o relacionado cos proxectos internacionais, tanto de educación como de investigación, na súa parte técnica e administrativa
Funcións
- Fomenta a participación da comunidade universitaria en proxectos internacionais de todo tipo, facendo un acompañamento completo desde o xerme da idea ata a fin da implementación do proxecto
- Asesora na procura de financiamento, socios, oportunidades e convocatorias
- Axuda a comprender os requerimentos dos diferentes programas europeos e internacionais para atopar o máis axeitado ao persoal solicitante
- Presta apoio na preparación de solicitudes competitivas para todo tipo de programas de financiamento internacionais
- Colabora na xestión integral dos proxectos internacionais durante toda a súa vida e axuda na preparación dos informes de progreso, tanto na parte técnica como na administrativa e financeira
- Organiza accións formativas na Universidade de Vigo en relación ás novas convocatorias de financiamento europeas e internacionaciais e a elaboración de propostas exitosas
Responsable
María Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación
Persoal do servizo
Onde estamos?
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres