Celebración do Día internacional da muller na UVigo

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

9 de marzo de 2021 ás 12:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Retransmisión virtual

En liña
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Acto institucional e Música

Entrada:

De balde

Modalidade

Virtual

En formato totalmente virtual e retransmitido en directo por UVigoTV

A Universidade de Vigo conmemora o Día internacional da muller cun acto virtual e aberto, que será retransmitido en directo por UVigoTV. Tras unha actuación musical do grupo galego Blues do País, formado por Bieita James e Pepe King, será o reitor, Manuel Reigosa, quen abra a celebración, na que terá lugar a entrega do noveno Premio do compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, uviguala 2021, que representa o compromiso da institución por acabar coa desigualdade entre homes e mulleres, así como o recoñecemento ao esforzo e ao traballo desenvolvido polas persoas galardoadas.

O acto encádrase na campaña desenvolvida pola UVigo co gallo do 8M, coa que, baixo o lema Mudamos o mundo desde o feminismo: aprendemos a mirar, se busca deixar patente a necesidade de incorporar á vida universitaria a perspectiva de xénero.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-03-09 12:00:00 2021-03-09 12:00:00 Celebración do Día internacional da muller na UVigo En formato totalmente virtual e retransmitido en directo por UVigoTV Retransmisión virtual Universidade de Vigo Europe/Madrid public