DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os días 13 e 14 no pavillón en Vigo, recinto feiral en Pontevedra e Edificio de Ferro en Ourense

Habilitados os puntos de vacinación nos tres campus

O proceso realizarase sen cita previa e está dirixido a toda a comunidade universitaria

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Saúde
  • Institucional
DUVI 09/09/2021

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciou este mércores que o vindeiro luns e martes, 13 e 14 de setembro, se vacinaría nos sete campus universitarios galegos a estudantes e traballadores que aínda estean pendentes de recibir a súa vacina antiCovid.  Trátase de chegar ao outono coa inmensa maioría da poboación xa vacinada.

No caso da Universidade de Vigo o equipo de goberno acaba de dar a coñecer os puntos de vacinación nos tres campus. En Vigo a vacinación levarase a cabo no Pavillón Universitario, de xeito ininterrompido de 09.00 a 20.00 horas; en Pontevedra será no recinto feiral (rúa Alexandre Bóveda, s/n) de 09.00 a 14.30 h e de 16.00 a 21.30 horas, e  en Ourense na carpa situada na entrada do Edificio de Ferro, de 09.00 a 21.00 horas.

O proceso realizarase sen cita previa e está dirixido a toda a comunidade universitaria, é dicir, que poden participar nel de xeito gratuíto tanto o alumnado, como o persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos.