Comité de ética de experimentación animal (CEEA)

O Comité ético de experimentación animal nace do compromiso da Universidade de Vigo de garantir a máxima preservación posible do benestar dos animais incluídos en proxectos de investigación


No mes de xullo de 2010, constituíuse o Comité ético de benestar animal (CEBA) que, o 18 de novembre de 2018, pasou a denominarse Comité ético de experimentación animal (CEEA). O 6 de outubro de 2016, designouse órgano habilitado pola Xunta de Galicia e ten delegada a función de avaliación no proceso de autorización de proxectos con animais desta institución.

 

Presidencia

  • Isabel Manzano Rodríguez, responsable de Sanidade Animal, veterinaria.
    Acreditación de funcións a, b, c, d, e, f

Secretaría

  • Marina Peña Penabad, veterinaria designada do Servizo de Bioexperimentación (SB-UVI) e da ECIMAT.
    Acreditación de funcións a, b, c, d, e, f

Vogais

  • Jesús Míguez Miramontes
    Profesor titular de universidade. Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.
    Acreditación de funcións b, c, d
  • Susana Magadán Mompó
    Profesora titular de universidade interina. Área de inmunoloxía
    Acreditación de funcións b, c
  • Lucas Carmelo González Matías
    Profesor titular de universidade. Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.
    Acreditación de funcións b, c, d
  • José Manuel García Estévez, profesor titular de universidade. Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.
    Acreditación de funcións b, c, d
  • Raúl Iglesias Blanco, profesor titular de universidade. Parasitoloxía.
    Acreditación de funcións b, c, d
  • Rosa Farto Seguín
    Técnica responsable de benestar animal. ECIMAT.
    Acreditación de funcións a, b, c, d, e


Descrición dos procedementos

Para a a autorización de procedementos de investigación ou de docencia que requiran experimentación animal na Universidade de Vigo, cómpre seguir os siguintes dous pasos de maneira consecutiva:

 

  1. Cubrir o formulario correspondente 
  2. Solicitar a alta na aplicación informática Noraydocs de xestión do CEEA/OH, cubrir o formulario de datos de usuario e enviarllo por correo á secretaría do comité a través do seguinte enderezo secretariaceea@uvigo.gal
     
  3. Dar de alta a solicitude do proxecto na aplicación informática Noraydocs e engadir o arquivo co formulario correspondente.
  • Cada mes, avaliaranse as solicitudes recibidas antes do día 15 do dito mes.
  • O prazo de resolución será de 30 a 40 días hábiles. 
  • Terán prioridade de avaliación os proxectos de investigadores da Universidade de Vigo que se vaian realizar nas instalacións de la propia universidad.
  • Como norma xeral, non se avaliarán proxectos de investigadores non pertencentes á Universidade de Vigo que non se vaian realizar nas instalacións da propia universidade.
  • Para o resto dos casos, o comité resérvase o dereito a admitir ou a rexeitar a avaliación do proxecto. Antes de realizar o trámite de la solicitud, cómpre consultar o comité.

Remitiráselle á Consellería de Medio Rural a seguinte documentación, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante a Chave365 ou o certificado dixital.

  • Formulario de solicitude de proxecto en liña 
  • Modelo de resumo non técnico (as indicacións para cubrilo están dispoñibles na seguinte guía)
  • Visto bo do responsable administrativo do centro usuario onde se realizará a experimentación con animais
  • Informes favorables do CEEA/OH
  • Copia do formulario avaliado polo órgano habilitado (presentar a versión definitiva incluíndo as correccións suxeridas polo CEEA/OH)
  • O prazo aproximado de resolución será de 40 a 55 días hábiles.

 

Saber máis
 

Lexislación europea


Lexislación española

Lexislación galega

Outra lexislación

Calquera investigador que utilice animais de experimentación ten que posuír a capacitación adecuada (nivel a,  b,  c, d, e ou  f segundo a Orde  ECC566/2015). 

O persoal docente e investigador debe coñecer as características, o coidado e como se manipula a especie ou especies utilizadas, ademais de comprometerse a vixialas, respectalas e usalas eticamente.

En todo momento, os investigadores e os docentes deberán procurar o benestar dos animais, respectando estritamente a normativa e/ou as recomendacións oficiais existentes para o uso e a manipulación da especie obxecto da experimentación, con criterios adecuados á súa fisioloxía, comportamento e necesidades vitais.

Toda persoa que empregue animais con fins experimentais ou docentes debe ter presente que os animais están dotados de sensibilidade e de memoria, e que son susceptibles á dor e ao sufrimento.

O experimentador/a é legal e eticamente responsable dos seus actos no marco da experimentación ou da docencia.

Ten o deber de aforrarlle ao animal todo o sufrimento físico e psíquico inútil. Debe poñer en marcha os métodos que permitan limitar o sufrimento e as dores no caso ou casos que sexan inevitables.

Para que as investigacións teñan recoñecemento no ámbito internacional, fai falta que sexan fiables, comparables e  reproducibles. É esencial que os investigadores/ as traballen cumprindo estritamente as normas de seguridade, hixiene e éticas.

As persoas responsables da experimentación deben informar ao  CEEA sobre calquera contratempo relativo ao procedemento avaliado, que se produza durante o período de execución da actividade proposta. No desenvolvemento desta, o  CEEA poderá, en calquera momento, solicitarlles aos investigadores principais un informe sobre a aplicación dos aspectos éticos recomendados.

Aconséllaselles a aqueles investigadores ou docentes que queiran realizar algún procedemento que implique experimentación con animais vertebrados que revisen o Real decreto 53/2013 (BOE do 8 de febreiro de 2013).

La Universidad de Vigo adheriuse ao Acordo de transparencia en experimentación animal,

promovido desde a Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE), coa colaboración da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA) e lanzado o 20 de setembro de 2016.

Somos conscientes de que a investigación animal xoga un papel fundamental no coñecemento dos mecanismos biolóxicos involucrados nas enfermidades e no desenvolvemento de tratamentos médicos. Sen o uso de animais, non dispoñeriamos da maioría das medicinas, antibióticos, vacúas e técnicas cirúrxicas aplicadas en medicina humana e veterinaria.

Unha parte do traballo científico realizado na  Universidade de Vigo e que contribúe á mellora da vida das persoas é grazas á utilización de animais, por exemplo nos estudos de  inmunoloxía,  parasitoloxía, endocrinoloxía ou  neurofisioloxía.

O benestar dos animais de experimentación é un tema fundamental para a  Universidade de Vigo, así como o estrito respecto e o cumprimento da lexislación vixente sobre protección de animais empregados en experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia. O noso obxectivo é alcanzar os máis altos estándares de benestar animal, non soamente desde o punto de vista da responsabilidade moral sobre estes, senón tamén porque non se podería lograr ciencia de calidade sen benestar animal.

A nosa experimentación animal cumpre os estándares legais e é revisada por un comité ético de experimentación animal, que promove o uso de métodos alternativos, a redución do número de animais empregados, e o refinamento dos procedementos experimentais. Ningún proxecto de investigación que requira o uso de animais pode comezar sen a preceptiva avaliación ética e a autorización final por parte da respectiva autoridade competente.

A  Universidade de Vigo ocúpase de garantir tamén que tanto o persoal ao coidado dos animais como os investigadores e investigadoras involucrados en experimentación conten coa formación e cos coñecementos necesarios, e comprométese a proporcionar os recursos precisos para o correcto mantemento dos animais de experimentación no que se refire a instalacións, mantemento, benestar e atención veterinaria.

 

Máis información

Secretaría do Comité de ética de experimentación animal
+34 986 818 678
secretariaceea@uvigo.gal