Unidade de Emprego e Emprendemento

A Área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión que ten como obxectivo fundamental facilitar, en colaboración con administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas na Universidade de Vigo.

Funcións

  • Facilitar información, asesoramento e formación, preferentemente individualizados, no ámbito da orientación profesional e a inserción laboral
  • Xestionar, en coordinación cos centros, empresas e demais axentes implicados, as prácticas externas do estudantado
  • Elaborar e xestionar ofertas de emprego asumindo labores de intermediación entre os axentes empregadores e as persoas tituladas
  • Establecer relacións de cooperación con outras unidades universitarias e especialmente con outras administracións, empresas e institucións
  • Realizar estudos, informes, estatísticas e análises a pedimento dos superiores
  • Coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas nas materias da súa competencia
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Responsable

Maruxa Álvarez Jiménez
Directora de Área

 

Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos