Sala con alumnado e un relator

Cultura en Pontevedra

Proxeccións cinematográficas, recitais poéticos, exposicións artísticas, conversas, coloquios e tertulias, conferencias, cursos de extensión ou obradoiros

Todo isto configura parte da ampla oferta cultural promovida no campus de Pontevedra, tanto para os integrantes da comunidade universitaria como para a cidadanía en xeral. Precisamente, na procura da proximidade cos cidadáns, a meirande parte destas actividades teñen lugar na Sala de Conferencias da Casa das Campás e na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, a sala de exposicións situada na Facultade de Belas Artes.

Ademais de espectador, tamén podes ser protagonista desta ampla actividade cultural. Para iso podes promover a organización de actividades e eventos culturais ou fomar parte do coro do campus de Pontevedra. 

O campus de Pontevedra conta cunha ampla oferta cultural anual organizada en actividades fixas e eventos:

 

Actividades fixas

  • Cursos
  • Obradoiros
  • Exposicións e coleccións
  • Cinema
  • Música e baile
  • Teatro
  • Premios e concursos

Eventos

  • Contos de inverno
  • Música para reCREAr
  • Días das Letras Galegas
  • Día de Rosalía de Castro

 

Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra
asc-po@uvigo.gal
+34 986 801 949

 

Máis información:

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11 
36002 Pontevedra
+34 986 802 080
vic.pon@uvigo.gal