Comisión de extensión universitaria e estudantes

A Comisión de Extensión Universitaria e Estudantes é unha comisión delegada do Consello de Goberno, presidida pola vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade e a vicerreitora de Extensión Universitaria.

 

Membros natos

  • Susana Reboreda Morillo, vicerreitora de Extensión Universitaria
  • Natalia Caparrini Marín, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade

PDI

  • M.ª Salomé Álvarez Álvarez
  • Pedro Araújo Nespereira
  • M.ª Montserrat Cruz González 
  • José Carlos López Ardao
  • José Rúas Araújo


Estudantado

  • Adrián Alonso Álvarez
  • Estela Lima González

PAS

  • Ana Isabel González Penín

Consello Social

  • Ernesto Pedrosa Silva

Representación sindical (con voz pero sen voto)

  • Marta Pazos Currás, PDI funcionario
  • Miguel Cuevas Alonso, PDI laboral
  • M.ª José Ríos Santomé, PAS funcionario
  • Luis Pérez Gómez, PAS laboral

 

 

 


Funcións

  • Informar das propostas para o desenvolvemento das iniciativas de proxección das funcións e servizos da institución universitaria ao seu contorno social.
  • Informar e propor as iniciativas de atención á defensa, desenvolvemento e difusión da cultura galega desde a institución universitaria.
  • Propor a organización de actividades de extensión universitaria.
  • Informar e propor o reparto de partidas orzamentarias que correspondan ás vicerreitorías da súa área de competencia.
  • Informar e propoñer normas sobre a organización dos servizos xerais de atención á comunidade universitaria.
  • Elaborar e propor medidas de información e asesoramento ao alumnado.
  • Informar sobre a convocatoria e aprobación dos programas de intercambio.
  • Informar das distintas solicitudes de colaboración coa Oficina de Prestación Social dos Obxectores de Conciencia e coa Oficina do Voluntariado.
  • Estudar as propostas relativas á coordinación do centro de información, asesoramento e promoción (SIE).
  • Estudar e informar das propostas de creación de asociacións e/ou organizacións específicas de estudantes no seo da Universidade de Vigo.
  • Propor as medidas e medios necesarios para que as delegacións de alumnado e as asociacións estudantís, recoñecidas na Universidade de Vigo, poidan levar a cabo as actividades que lles son propias.
  • Informar dos proxectos de regulamento e normativa da súa área de competencia.