Sala I do edificio Miralles

26 de abril ás 12.00 h

Inscrición obrigatoria

Universidade / UVigo - Emprego 17/04/2019

A sala I do edificio Miralles acolle o vindeiro 26 de abril, ás 12.00 h unha xornada organizada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública e a Universidade de Vigo.

O obxectivo da xornada é dar a coñecer á comunidade universitaria as oportunidades de traballo que ofrece a Función Pública e atraer talento á Administración Xeral do Estado a través das experiencias de persoas que superaron recentemente diferentes procesos selectivos.

Para asistir, é obrigatario inscribirse no enderezo electrónico msonia.postigo@correo.gob.es e indicar o nome, os apelidos e a titulación.