De balde do 15 ao 30 de xaneiro
Abono Muver
O abono Muver proporciona acceso libre e individual ás instalacións e ás actividades deportivas da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
As súas vantaxes son as seguintes:
- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio - fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), rocódromo (Vigo) e bicicletas BTT (Vigo)
- Acceso gratuito a actividades dirixidas: fitness express, cross training, ioga, running, defensa persoal, chan pelviano, escalada,...
- Seguimento técnico e médico-deportivo dos programas de adestramento.
- Participación gratuíta nas actividades do equipo de carreiras populares da Universidade de Vigo.
- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas, nos servizos de saúde e nas actividades puntuais no medio natural.