Día Internacional das Nenas nas TIC
#euinvesTICgo
Unidade de Cultura Científica e da Innovación
A tecnoloxía é feminina! A Universidade de Vigo aposta por ela e por elas. Desde a Unidade de Cultura Científica e da Innovación presentamos a Yolanda Blanco, Alma Gómez e Beatriz Legerén, docentes e investigadoras da nosa institución. Elas foron nenas que apostaron polas TIC.
Con motivo do #DíaInternacionaldasNenasnasTIC estas profesionais queren animar as máis pequenas a estudar e formarse neste ámbito, amosando a súa paixón polo que fan.
Baixo o hasthtag #euinvesTICgo preténdese fomentar as vocacións das rapazas dando a coñecer nas redes sociais mulleres referentes no ámbito das TIC como Yolanda, Alma e Beatriz.
Con esta campaña, a UCC+i da Universidade de Vigo inaugura as súas redes sociais e anima a toda a comunidade universitaria a seguilas e a compartir esta iniciativa en YouTube, Facebook, Instagram, LinkedIn e Twitter.
A UCC+i, que depende da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais, foi creada o pasado mes de novembro de 2018 co fin de mellorar a formación, a cultura e os coñecementos científicos da cidadanía, converténdose nun axente fundamental na difusión e divulgación da ciencia e innovación da Universidade de Vigo.
Máis información:
Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es