Na área comercial do campus de Vigo

Información e entradas

26 e 27 de abril

Universidade 17/04/2019

A Holi Life é unha carreira de 5 km sen tempo. Nela pulverízanse, a cada quilómetro, as persoas participantes de pés a cabeza con diferentes pos de cores.

Na área comercial do campus de Vigo, o 26 de abril, de 10.00 h a 14.00 h, e o 27 de abril, de 16.00 h a 20.00 h, poderás informarte e adquirir as entradas para participar o 12 de maio na Holi Life de Vigo e tamén na Holi Neón de Moaña que se celebrará o 15 de xuño.

Máis información:

Holi Life
Holi Life Neon