VEN ESTUDAR Á UVIGO

Queremos ser a túa universidade

Aquí todo é posible #actitudeUVigo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudar
Universidade 13/05/2018

Promollémosche que escollas a Universidade de Vigo porque somos unha organización nova e dinámica, que é quen de cambiar contigo, ofrecéndoche as novas titulacións –graos, mestrados e programas de doutoramento– que demanda a sociedade e o mercado laboral. Para acadar este resultado innovamos permanentemente nas metodoloxías docentes: plataformas virtuais de teledocencia, videoconferencias, mentorización… 

Ao longo da túa formación disporás dun titor ou titora que te orientarán para que consigas un maior éxito na túa carreira universitaria e tes que saber que en calquera momento que o precises, contamos cun gabinete psicopedagóxico ao que terás acceso directo.

 

Buscas emprender ou empregarte?

Se vés estudar con nós crecerán as túas posibilidades de emprender ou atopar o emprego que buscas. Contamos cunha incubadora de emprendemento que fomenta a iniciativa entre o estudantado, poñendo en valor os coñecementos e ideas e converténdoas en empresas viables.

Se o que procuras é traballar por conta allea, con nós experimentarás os primeiros contactos co mundo laboral mediante as multiples e diversas ofertas de prácticas. 

 

O mundo é teu e queremos que así o entendas

Precisas ampliar a túa formación? Queres investigar fóra? Debes saber que podes realizar intercambios de estudo con universidades de todo o mundo, de calquera dos cinco continentes e para entenderes e falares como unha persoa nativa do lugar onde vaias, poderás estudar no noso centro de linguas máis de 12 idiomas diferentes. Na actualidade, en moitas titulacións xa contamos con materias que se imparten en inglés.

 

Unha persoa é moito máis que aquilo que estudou

O que vaias ser non só o define a túa aprendizaxe curricular. Como sabes, estudar non o é todo, por iso na Universidade de Vigo traballamos cunha estratexia de formación global e transversal a diversos aspectos da vida, na que se inclúe o deporte e a vida sá, os cursos complementarios e os obradoiros culturais, as actividades de tempo libre, as accións de voluntariado… unha formación baseada na igualdade, no respecto, na curiosidade e na valoración do propio.

 

Permítenos facerche algunhas propostas...

1) Bótalle un ollo ao vídeo de máis abaixo

#actitudeUVigo

 

2) Visita estas ligazóns: