A pesar de que as clases non comezan ata a próxima semana, os tres campus da UVigo recuperaron momentaneamente o pulso universitario estes días coa celebración dos actos de benvida para o alumnado de novo ingreso que comeza os seus estudos de grao neste curso 2026/2027 nos que participaron en total máis de 1800 mozos e mozas.
Unha investigación internacional na que participa o catedrático Fernando Aguado, investigador do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo, achega novas evidencias sobre unha das primeiras grandes fusións que contribuíron á formación da Vía Láctea.
Os ecosistemas acuáticos non entenden de fronteiras: o que acontece nun río pode ter consecuencias nun esteiro, na costa e mesmo no océano aberto. Esta visión global e interconectada centra desde este mércores en Vigo o VIII International Marine Connectivity Conference (iMarCo 2026).
A nova reitora, Carmen García Mateo, e o delegado Especial do Estado na Zona Franca, David Regades, mantiveron esta semana a súa primeira reunión oficial, na que puxeron as bases para non só manter a actual relación como socios en proxectos estratéxicos, senón para potenciala en diversos ámbitos.
Chega setembro e, con el, regresa a actividade aos tres campus da Universidade de Vigo, primeiro cos actos de benvida ao alumnado que se incorpora este curso (hoxe en Ourense, mañá en Pontevedra e o xoves en Vigo) e, a partir do luns, co inicio do período lectivo. “Á espera de pechar aínda os últimos prazos de matrícula, todo vai segundo o previsto, todos os procesos están funcionando de xeito correcto e con total normalidade”, explica Carmen García Mateo, reitora da UVigo.
Máis de 200 especialistas de todo o mundo miran estes días cara Vigo para afondar nas raíces xurídicas sobre as que se construíron as sociedades actuais. A Universidade de Vigo organiza desde este martes a 79ª edición da Société Internationale Fernand De Visscher pour l’Histoire des Droits de l’Antiquité (SIHDA), un dos grandes encontros académicos internacionais sobre Dereito Romano e Historia da Antigüidade que se celebra por primeira vez en Galicia.