Subida dos importes das axudas de custo

UVigo – Administración e persoal 15/02/2019

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou na sesión ordinaria do 22 de xaneiro de 2019 o establecemento de novos importes para indemnizacións por razón do servizo en territorio nacional. 
 
As modificacións nas contías das axudas de custo afectan unicamente aos gastos para aloxamento e manutención, naqueles casos en que concorran algunha das seguintes circunstancias:
 

  1. Por vir determinado o lugar de aloxamento polos organizadores da actividade que xera a comisión de servizos.
  2. Pola imposibilidade de atopar aloxamento con tarifas axustadas ás contías de axuda de custo por aloxamento, ben por non existiren ou por non contar con prazas baleiras nas datas de desenvolvemento da actividade.
  3. Pola necesidade de aloxarse en determinados lugares por motivos de seguridade, en base á natureza, persoas participantes ou localización  da actividade.
  4. Por causa da proximidade á xuntanza, lugar de traballo ou sede da actividade.

 
A Universidade de Vigo, seguindo a pauta marcada pola Comisión Executiva da Comisión Interministerial de Retribucions (CECIR), no seu acordo do 28/01/2010, vén de autorizar os seguintes novos importes:

Axudas de custo
 

Grupo Categoría Aloxamento Manutención Enteira
1+

Reitor, vicerreitores/as, secretario xeral, xerente, vicexerencias, director administración e secretario/a do Consello Social

112,82 €

58,67 €

171,49 €

1

Decanos/as, directores/as de centro, de departamento, de área e de proxectos, comisionados/as, asesor/a en Planificación Urbanística e Xestión de Infraestruturas, vicesecretario/a xeral técnico, xefes/as de servizo, administradores/as de centros, director/a da biblioteca universitaria, director/a dos Centros de Apoio á Investigación (CAI), director/a técnico/a da Oficina de Relacións Internacionais (ORI), director/a técnico/a da Oficina de I+D, director/a da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC), director/a Técnico/a da Área de Benestar Físico, Deporte e Saúde

110,00 €

49,50 €

159,50 €

2

Profesores/as, licenciados/as, graduados/as, laborais grupos 1, 2 e funcionarios/as A1 e A2

104,46 €

41,14 €

145,60 €

3

Alumnos/as, laborais grupos 3, 4 , 5 e funcionarios/as C1 e C2

64,79 €

41,14 €

105,93 €