Administración do campus de Ourense
A administración dos centros ten como misión dar apoio ás actividades inherentes aos mesmos, xestionando de xeito eficaz os recursos humanos e materiais así como os procesos económicos e académicos. Isto ten a finalidade de prestar ás persoas usuarias un servizo eficiente, eficaz e de calidade, de acordo coa lexislación actual, coas directrices sinaladas polos órganos de goberno da universidade e comprometida coa planificación estratéxica da mesma para asegurar un bo servizo á sociedade.
Funcións
- Planificar, dirixir, coordinar e impulsar a actividade da unidade e do persoal ao seu cargo, estimulando a participación, o traballo en equipo e a toma de decisións en cada nivel de responsabilidade.
- Planificar, executar e avaliar actuacións que faciliten o acceso dos usuarios, simplifiquen os procedementos, axilicen os prazos e melloren a calidade do servizo prestado.
- Elaborar informes, estudos, memorias, estatísticas, propostas de normas xerais e de resolución sobre asuntos da súa competencia, a pedimento da Xerencia ou do equipo de goberno.
- Propor iniciativas aos superiores, asesoralos técnicamente e executar e realizar o seguimento das súas decisións.
- Realizar propostas de mellora continua da calidade, executalas e participar na súa avaliación.
- Deseñar, implantar e avaliar métodos e procedementos na súa unidade.
- Adoptar medidas para asegurar a atención dos usuarios con eficacia e calidade, facéndoo de xeito directo cando o soliciten.
- Dirixir e supervisar a xestión económica e orzamentaria do seu ámbito.
- Supervisar e, no seu caso, promover a motivación, promoción, disciplina, seguridade e clima laboral do persoal da súa unidade; realizar as funcións de dirección, xestión e control do persoal ao seu cargo.
- Compilar, actualizar, interpretar e comunicar ao persoal da súa unidade as disposicións legais e normas relacionadas coas materias da súa área, preferentemente as que lle remitan as restantes unidades por razón da súa competencia.
- Compilar información de interese para a unidade e responsabilizarse de que estea actualizada e accesible, especialmente a que sexa pública.
- Coordinarse e colaborar coas restantes unidades e órganos universitarios, propoñendo e executando accións dirixidas a mellorar de forma conxunta os servizos prestados.
- Formarse profesionalmente e promover a formación do persoal ao seu cargo.
- Realizar aqueloutras tarefas afíns ao posto que se lle encomenden ou resulten necesarias por razóns de servizo no eido da súa competencia.
Responsable
Ana M.ª Rodríguez Rodríguez
Administradora




