Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións

A Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións encárgase de xestionar e administrar todas as aplicacións corporativas da Universidade de Vigo, así como de configurar e administrar todas as infraestruturas informáticas relacionadas coa rede de comunicacións, telefonía, atención a usuarios/as, web e sistemas.

A Área de Tecnoloxía da Información e Comunicacións ten como misión organizar as infraestruturas, sistemas e aplicacións informáticas en apoio das tarefas organizativas docentes e de xestión.

Son funcións da ATIC:

  • Xestionar e administrar todas as infraestruturas de comunicación de datos e voz.
  • Xestionar e administrar todas as infraestruturas de servidores corporativos.
  • Explotación de datos de aplicacións corporativas.
  • Desenvolvemento e mantemento de aplicacións corporativas.
  • Soporte e resolución de incidencias.

 

Responsable:

Juan Aguiar Fernández
Director de Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións

Correos electrónicos

Teléfonos