Área de Transporte e Distribución

A Área de Transporte e Distribución ten encomendada a planificación, organización e xestión dos servizos de transporte da Universidade de Vigo, así como facilitar a adecuada distribución de correo e de mercadorías entre os seus distintos campus e centros.

Funcións

  • Supervisar a actividade da unidade coordinando o persoal ao seu cargo.
  • Asesorar nos procesos de adopción, compra e contratación de produtos e de servizos relacionados coa área, participando no seu caso, na análise técnica das diferentes propostas.
  • Planificar, organizar e xestionar o mantemento preventivo e correctivo do parque móbil de vehículos (ITV., tacógrafos, talleres etc.), tanto interna coma externamente.
  • Realizar as tarefas de xestión administrativa do servizo de control de quilometraxes, gastos, facturas etc.
  • Planificar e xestionar o mantemento interno do parque móbil de vehículos (lavado, reposición de pequenos compoñentes etc).


Responsable

Cándido Rodríguez Hernández
Xefe 


 

Correos electrónicos