Área de Xestión das Infraestruturas
Ten como misión coordinar os labores técnicos administrativos derivados das necesidades de planificación, xestión e mantemento dos edificios, obra civil e planificación urbanística da Universidade de Vigo.
Funcións
- Coordinar e supervisar as actividades das unidades técnicas da universidade.
- Colaborar na elaboración e no seguimento dos plans urbanísticos e na xeración de nova infraestrutura nos campus universitarios.
- Propoñer os plans de mantemento e xestión das infraestruturas civís.
- Apoiar e participar na elaboración de plans, informes e todo tipo de documentos técnicos e administrativos, tanto no ámbito interno coma externo á universidade.
Responsable:
Héctor Andrés Álvarez Arias
Director Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas