Secretaría Xeral da Universidade de Vigo

A Secretaría Xeral é un dos servizos centrais da Universidade de Vigo que ten por misión facilitar o bo funcionamento da institución atendendo ás necesidades administrativas dos órganos colexiados e dos órganos unipersoais, e xestionar o proceso da toma de decisións e os procesos electorais.

Funcións

  • Propor disposicións xerais que regulen a vida universitaria así como os criterios de aplicación
  • Nos órganos nos que o Secretario Xeral ostente a súa secretaría: elaborar e tramitar as convocatorias e a documentación e prestar apoio á redacción de actas e acordos
  • Elaborar, manter actualizada, conservar, tramitar e difundir a normativa universitaria e a documentación emanada dos órganos da universidade que lle correspondan
  • Actualizar os censos electorais, organizar e desenvolver os procesos electorais que lle corresponda coordinar
  • Xestionar, rexistrar, informar, arquivar e publicar os convenios e instrumentos de cooperación que se asinen
  • Colaborar e prestar apoio á organización dos actos académicos, protocolarios e de representación da universidade
  • Planificar, organizar e avaliar as oficinas de rexistro, a información e a atención ao público e propor as normas de funcionamento
  • Prestar apoio e asesoramento ao equipo reitoral e aos demais órganos de goberno, así como aos centros, departamentos, estudantado e profesorado da universidade
  • Xestionar a designación de cargos académicos e das comisións, xestionar as convocatorias e o funcionamento dos órganos colexiados de goberno xerais
  • Xestionar e dar apoio administrativo ás informacións reservadas, aos expedientes disciplinarios e aos expedientes de responsabilidade patrimonial
  • Elaborar estudos, informes e ditames
  • Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Recoñecementos


Responsable

María José Bravo Bosch
Secretaría Xeral


 

Persoal do Servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos