Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
O Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos ten como misión a información, xestión, tramitación e resolución das bolsas e axudas ao estudo destinadas ao alumnado da Universidade de Vigo, e en concreto das convocatorias xerais do MECD e do Goberno Vasco, e as propias da universidade, así como das bolsas de formación convocadas pola Universidade de Vigo. Ademais, encárgase da información e da tramitación dos procedementos de xestión de prezos públicos relativos á vida académica dos e das estudantes.
Funcións
- Tramitación das reclamacións e impugnacións e elaboración das propostas de resolución en materia de bolsas e axudas ao estudo, e prezos públicos.
- Apoio ao sistema de garantía da calidade nos centros, singularmente nos procesos de verificación, seguimento e acreditación das titulacións oficiais dos centros.
- Elaboración de estudos e informes.
- Redacción das convocatorias de bolsas e axudas propias da Universidade de Vigo.
- Xestión dos procedementos de bolsas e axudas propias da Universidade de Vigo.
- Difusión e xestión das bolsas e axudas ao estudo convocadas por outros organismos dirixidas ao alumnado da UVigo, e en concreto as do MECD.
- Redacción das propostas de normas e dos criterios de aplicación relacionados con bolsas e axudas, e resolución das incidencias.
- Xestión da vida administrativa das persoas bolseiras e actualización dos seus expedientes.
- Xestión dos procedementos relativos aos prezos públicos.
- Redacción das propostas de normas e dos criterios de aplicación relacionados con prezos públicos, e resolución das incidencias
Onde estamos?
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres