Servizo de Recursos Humanos de Investigación

A misión do Servizo de Recursos Humanos de Investigación é prestar apoio técnico e administrativo para a incorporación á Universidade de Vigo de persoal que dea soporte á actividade investigadora. 

Funcións

  • Tramitar e xestionar os procesos de acceso e de provisión de persoal investigador e persoal técnico e de xestión científico técnica, así como aqueles procesos de selección que se convoquen ao abeiro de convocatorias de programas con financiación específicas para soporte da investigación e innovación.
  • Xestionar a contratación do persoal do ámbito da súa competencia.
  • Prestar apoio á realización das actividades de captación, capacitación, formación e mobilidade do persoal da súa competencia.
  • Dar soporte administrativo aos procesos que, por razón da materia, estean relacionados co vínculo do persoal do ámbito da súa competencia.
  • Xestionar o expediente de persoal dos recursos humanos de investigación. 
  • Tramitar o recoñecemento da carreira profesional.
  • Controlar e xestionar o cadro de persoal, altas, baixas e modificacións.
  • Elaborar informes na materia da súa competencia á instancia da Xerencia.
  • Asesorar a Xerencia, a vicexerencia e a vicerreitoría competentes no ámbito da investigación, nas materias da súa competencia.
  • Participar nas comisións, grupos de traballo ou órganos colexiados en materias da súa competencia á proposta da Xerencia.
  • Calquera outras que por razón do ámbito competencial lle poidan ser encomendadas pola Xerencia.

Responsable

Anabel González Penín
Xefa do servizo
 


​​​​​​​​​Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Filomena Dato, soto
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres