Servizo de Retribucións e Seguros Sociais
O Servizo de Retribucións e Seguros Sociais ten encomendada a xestión da nómina de todo o persoal da Universidade de Vigo e o abono das bolsas, así como a tramitación da cotización, prestación de incapacidade temporal, maternidade e paternidade, desemprego e a xestión da previsión social complementaria (plano de pensións, seguro de vida, anticipos reintegrables, convocatoria de acción social).
Funcións
- Propor criterios, elaborar e xestionar a nómina.
- Xestionar as cotizacións e as deducións e elaborar, xustificar e comunicar a información requirida pola Seguridade Social, MUFACE, Facenda e outros organismos colaboradores.
- Elaborar e xestionar as convocatorias de acción social e resolver incidencias.
- Prestar apoio administrativo ao plano de pensións da universidade.
- Elaborar estudos e informes.
- Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución.
- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade.