Servizo de Xestión Económica e Contratación

Ao Servizo de Xestión Económica e Contratación correspóndelle xestionar administrativamente todos os procesos de contratación pública encamiñados á adxudicación, nas súas distintas modalidades, dos contratos correspondentes ás obras, subministracións, consultoría/asistencia/servizos e xestión de servizos públicos/xestión do patrimonio da Universidade de Vigo, así como, desenvolver, no ámbito dos servizos centrais, a xestión económico-administrativa derivada da adquisición de bens, produtos e servizos centralizados ou xerais da universidade.

  • Planificar, xestionar e realizar o seguimento dos expedientes de contratación administrativa.
  • Xestionar e coordinar a adquisición de bens e servizos a través dos catálogos homologados.
  • Planificar e xestionar económica e orzamentariamente os programas de gastos de servizos centrais e de xestión centralizada.
  • Realizar o seguimento da execución dos gastos de servizos centrais e de xestión centralizada, analizar as desviacións e elaborar propostas de accións de mellora e correctoras.
  • Elaborar estudos e informes.
  • Asesorar técnicamente ás autoridades e órganos da universidade.
  • Resolver incidencias e impugnacións e elaborar propostas de resolución.
  • Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas da área económica nas materias da súa competencia.
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade.

Responsable:

Jesús Bello Condide
Xefe de Servizo

Correos electrónicos

Teléfonos