Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao

O Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao ten como misión impulsar e coordinar as actuacións administrativas relacionadas co alumnado e necesarias para a xestión dos estudos de posgrao na Universidade de Vigo.

 

 

Funcións

  • Propor as instrucións de matrícula e admisión, planificar e coordinar os procesos e resolver incidencias
  • Elaborar propostas de normas e criterios de aplicación sobre a materia, resolver incidencias
  • Tramitar a elaboración e modificación de plans de estudos, elaborar e actualizar o catálogo de títulos de máster e doutoramento
  • Colaborar e prestar apoio ao sistema de garantía de calidade nos centros, singularmente nos procesos de verificación, seguimento e acreditación das titulacións oficiais dos centros
  • Coordinar a intervención das diferentes unidades colaboradoras e asistir tecnicamente ao persoal da unidade e dos centros, ámbitos e campus nas tarefas específicas da xestión académica
  • Xestionar e expedir os títulos de máster, doutoramento e outros documentos relacionados
  • Xestionar as propostas de títulos propios e expedir os títulos e diplomas
  • Prestar apoio, coordinar e xestionar os acordos da Escola Internacional de Doutoramento
  • Elaborar estudos e informes
  • Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Responsable

José Luis Gómez Reboiro
Xefe 

 

Persoal do servizo

Ver

 

Onde estamos?

Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos