Unidade de Análises e Programas
A Unidade de Análises e Programas é a unidade administrativa encargada da explotación de datos na Universidade de Vigo e para iso recompila a súa información para facilitarlla tanto a usuarios internos como externos, en estatísticas, rankings, portal de transparencia, dereito de acceso etc.
Entre as súas funcións destacan a realización de estudos, informes e estatísticas, centralizando os datos estatísticos da universidade. Tamén se encarga de dar publicidade dos devanditos datos e de todos aqueles que se atopan suxeitos a obrigas de publicidade activa pola normativa de transparencia estatal, autonómica e da propia universidade. Para tal fin xestiónao o Portal de Transparencia da nosa institución.
Coordina e xestiona o sistema de queixas, suxestións e parabéns da UVigo. Esta caixa está aberta como unha canle na que a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral poida expoñer as súas opinións para a mellora da calidade do servizo público prestado na UVigo, todo iso, en estreita colaboración co resto das unidades.
Ademais das actividades e programas descritos no parágrafo anterior, a Unidade de Análises e Programas colabora nas seguintes accións: na calidade e estratexia da universidade, aportando indicadores para os programas de calidade; contratos programas de centros e na elaboración da memoria de Responsabilidade Social.
Podes consultar a nosa memoria na sección de Memorias de actividade.
Funcións
- Realizar estudos, informes, estatísticas e análises a pedimento dos superiores
- Centralizar e almacenar datos estatísticos da universidade
- Publicar os datos estatísticos considerados de interese para o coñecemento do público xeral, a través da web da universidade, ou doutros soportes que se consideren axeitados
- Analizar a organización administrativa e as necesidades de medios técnicos e humanos das unidades administrativas da universidade e formular propostas de mellora
- Confeccionar, en colaboración co resto das unidades, datos estatísticos solicitados á Universidade de Vigo, redactando directrices de elaboración e conservación
- Coordinar e xestionar o sistema de queixas, suxestións e parabéns da universidade
- Xestionar o portal de transparencia da institución no relativo ás obrigas de publicidade activa
- Xestionar os indicadores do sistema de información da Universidade de Vigo, do sistema integrado de información universitaria e outros que se demanden
- Coordinar a redacción da memoria de responsabilidade social e colaborar na difusión das actividades relacionadas coa mesma
- Colaborar e prestar apoio ás actividades de seguimento, medición e análise do sistema de xestión de calidade e da súa acreditación ou certificación
- Manter actualizados e dar publicidade cando corresponda, aos catálogos e guías nas que se recolla a normativa e os manuais de procedemento da universidade
Actividades
- Recollida de datos para estatísticas do INE, Universidad Española en Cifras (CRUE) e o Sistema de Información Integrada Universitaria (SIIU)
- Recollida de datos para rankings nos que participa a universidade
- Recollida e xestión de datos e indicadores do sistema de información "UVigo en cifras"
- Participar na redacción da Memoria de Responsabilidade Social e na difusión de actividades de RSU
- Xestionar a caixa do sistema de Queixas, Suxestións e Parabéns (QSP)
- Xestionar o Portal de Transparencia
- Tramitar, xunto coa Secretaría Xeral, as solicitudes do Dereito de acceso á información pública
Onde estamos?
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcsoende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres