Unidade de Apoio Administrativo ao Equipo de Goberno
A Unidade de Apoio Administrativo ao Equipo de Goberno é a unidade de apoio á dirección, goberno e xestión do reitor e do seu equipo de goberno.
Funcións
- Xestionar e prestar apoio administrativo aos procedementos impulsados ou nos que sexan parte activa os órganos de goberno e de dirección e nos que resulten necesarios para o funcionamento dos órganos colexiados nos que participen.
- Elaborar, organizar e manter actualizada a axenda de actos, entrevistas, reunións e viaxes.
- Xestionar e manter actualizada a información, especialmente a xerada pola unidade, así como a normativa, as bases de datos e os arquivos.
- Compilar, elaborar e tramitar documentación e, cando proceda, darlle publicidade.
- Colaborar na organización e na realización de actos académicos e protocolarios.
- Atender directamente, por calquera medio, os membros e as persoas usuarias da correspondente unidade, orientalos e facilitarlles a realización de xestións e de trámites.
- Actuar con criterios de colaboración e de asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade.
Onde estamos?
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres




