Unidade de Emprego e Emprendemento
A Área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión que ten como obxectivo fundamental facilitar, en colaboración con administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas na Universidade de Vigo.
Funcións
- Facilitar información, asesoramento e formación, preferentemente individualizados, no ámbito da orientación profesional e a inserción laboral
- Xestionar, en coordinación cos centros, empresas e demais axentes implicados, as prácticas externas do estudantado
- Elaborar e xestionar ofertas de emprego asumindo labores de intermediación entre os axentes empregadores e as persoas tituladas
- Establecer relacións de cooperación con outras unidades universitarias e especialmente con outras administracións, empresas e institucións
- Realizar estudos, informes, estatísticas e análises a pedimento dos superiores
- Coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas nas materias da súa competencia
- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade
Onde estamos?
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres