Unidade de Xestión Positiva de Conflitos e Convivencia
A Unidade de Xestión Positiva de Conflitos e Convivencia (UXPCC) é un medio positivo de solución dos conflitos de convivencia na Universidade de Vigo. Ten como misión promover a convivencia pacífica e o respecto mutuo mediante a mediación, a formación e a prevención. Todos os membros da comunidade universitaria (PDI, PTXAS ou estudantado) ou calquera órgano ou grupo da universidade, poden acudir á UXPCC.
Funcións
Segundo o artigo 17 das Normas de convivencia aprobadas polo Claustro Universitario o 18 de abril de 2023:
- Mediación directa en conflitos de convivencia universitaria.
- Formación en xestión e resolución positiva de conflitos.
Principios de actuación
- Voluntariedade
- Confidencialidade
- Equidade
- Imparcialidade
- Boa fe e respecto mutuo
- Prevención e prohibición de represalias
- Flexibilidade
- Calidade
- Transparencia




