Xerencia

Ana M.ª Comesaña Álvarez

 

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, con formación especializada en dereito sanitario, xestión universitaria e alta dirección sanitaria, Ana M.ª Comesaña Álvarez conta cunha traxectoria de máis de trinta anos na dirección de recursos humanos, relacións laborais e organización de grandes institucións públicas, especialmente no ámbito sanitario e universitario.

Ao longo da súa carreira desempeñou postos de alta responsabilidade no servizos de saúde de Galicia, Canarias e Madrid e na Universidade de Vigo, onde foi vicexerenta de Persoal entre os anos 2008 e 2010. A súa experiencia abrangue a planificación estratéxica dos recursos humanos, a negociación colectiva, a carreira profesional, a transformación organizativa e a xestión de procesos de estabilización e provisión de persoal.

Como directora xeral de Recursos Humanos do Sergas liderou importantes reformas en materia de carreira profesional, negociación sindical, igualdade, captación e retención do talento e impulsou acordos e medidas pioneiras no ámbito do Sistema Nacional de Saúde. Destaca tamén a súa experiencia na modernización dos sistemas de xestión de persoas e na coordinación de proxectos de administración electrónica.

Persoal estatutario fixo do grupo A1 do Sergas, combina a súa actividade directiva cunha intensa participación como relatora e experta en foros profesionais especializados en recursos humanos, liderado e xestión pública.

  • A xestión económico-orzamentaria da universidade, incluídas a administración de ingresos e gastos, a execución do orzamento, a autorización e disposición de gastos, o recoñecemento de obrigas económicas, a ordenación de pagamentos e a elaboración de informes de viabilidade económica e impacto orzamentario das medidas propostas polos órganos de goberno, nos termos previstos na normativa aplicable.
  • O exercicio das competencias en materia de contratación administrativa e xestión patrimonial da universidade, sen prexuízo das atribucións doutros órganos universitarios.
  • A dirección e xestión do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS), incluídas as actuacións relativas á selección, provisión, mobilidade, formación, negociación colectiva, execución de acordos e pactos e demais actuacións derivadas da súa relación de servizos, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.
  • A dirección e coordinación dos sistemas corporativos de administración electrónica, servizos dixitais e soporte tecnolóxico da universidade, sen prexuízo da estratexia institucional definida pola vicerreitoría competente.
  • O mantemento, conservación e xestión operativa das infraestruturas e servizos xerais universitarios, en coordinación coas vicerreitorías competentes.
  • A proposta da organización e estrutura administrativa da universidade, así como a coordinación dos recursos e servizos administrativos de apoio aos órganos de goberno.
  • A publicación e difusión das resolucións, instrucións e actos de xestión relativos ao PTXAS e á actividade económico-administrativa da universidade.
  • A supervisión e apoio no desenvolvemento, seguimento, modificación e certificación dos procedementos de aseguramento da calidade dos servizos e do seu persoal.
  • A definición e execución das políticas de responsabilidade social, acción social, Axenda 2030, servizos sociais e participación.
  • A colaboración coa vicerreitoría competente en materia de estratexia e gobernanza na execución das políticas institucionais de planificación, transformación e modernización administrativa.

 


Organización

Francisco José Martínez Rilo
Vicexerente adxunto
+34 986 811 965
vicexerencia.adxunta@uvigo.gal

  • A complexidade dos procesos académicos modernos, coa posta en marcha de novos sistemas de xestión informatizados que permitirán a análise e a mellora dos devanditos procedementos, fai necesaria a designación, dentro do equipo xerencial, dunha vicexerenta de Coordinación Académica, que se ocupará das iniciativas relacionadas coas titulacións oficiais de grao, mestrado e doutoramento, así como co Centro de Posgrao e Formación Permanente, a futura escola de posgrao e a universidade europea. 

Cristina Gallego Méndez
Vicexerenta de Coordinación Académica
+34 986 130 328  
vicexerencia.academica@uvigo.gal

  • A necesaria especialización nos procesos de promoción e de fomento da investigación e da innovación do coñecemento en todos os ámbitos da Universidade de Vigo e a súa transferencia ao tecido socioeconómico no que se enmarca a institución, fan precisa a designación dunha persoa para ocupar a Vicexerencia de Investigación que asista e coordine a Vicerreitoría de Investigación e a Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social coas unidades e servizos encargados da xestión, na procura dunha eficaz e eficiente prestación de servizos no impulso dunha investigación de calidade e de excelencia como un dos fins primordiais da Universidade de Vigo.

Anxo Moreira González
Vicexerente de Investigación
+34 986 812 052  
vicexerencia.investigacion@uvigo.gal

Rodrigo Cerviño Rodríguez
Director de Administración
+34 986 813 624
director.admon@uvigo.gal

 

Máis información:

Secretaría da Xerencia
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 560
xerencia@uvigo.gal