Enxeñeira de Telecomunicación (1987) e Doutora enxeñeira de Telecomunicación (1993) pola Universidade Politécnica de Madrid .
Completou a súa formación con estadías de investigación na Universidade de California Campus de Santa Barbara (UCSB), en 1994; nos Laboratorios Bell de ATT (New Jersey), en 1997 e 1999; na Michigan State University, en 2005; e na Universidade de Kent, en 2013.
É a investigadora responsable do Grupo de investigación en Tecnoloxías Multimedia (GTM) do centro de investigación AtlantTIC (http://gtm.uvigo.es ) . Centra a súa investigación na tecnoloxía da fala en galego e castelán, a segmentación de audio, o recoñecemento biométrico de persoas, o recoñocemento automático de lingua de signos, e a detección de enfermidades mediante procesado de fala.
En 1987 incorporouse á Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVIGO). Na actualidade é catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (TSC) que dirixiu entre 2014 e 2017. Entre 2006 e 2010 desempeñou o cargo de vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea.
Dirixiu e coordinou numerosos proxectos de investigación e teses doutorais, e publicou máis de 100 artigos en revistas e congresos internacionais.
En setembro de 2014 recibiu o Premio da Xunta de Galicia Josefa Wonenburger pola súa relevante traxectoria nos campos das ciencias e da tecnoloxía
É membro do Plenario do Consello da Cultura Galega desde 2016.
Forma parte do "Editorial Board" da revista "IET Biometrics Journal"
É directora da Cátedra MN para emprendemento tecnolóxico http://catedramn.uvigo.es