Innovación Educativa
A Innovación Educativa é a actitude e o proceso de indagación de novas ideas, propostas e aportacións, efectuadas de maneira colectiva, para a solución de situacións problemáticas da práctica, o que comportará un cambio nos contextos e na práctica institucional da educación (Francisco Imbernón, 1996).
GID, Grupos de Innovación Docente
Son grupos de traballo estables de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, á innovación e á renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado.
Estes grupos permiten reflexionar sobre a práctica docente e constitúen un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros e ámbitos disciplinares que comparten obxectivos comúns.
A Área de Formación e Innovación Educativa promove esta iniciativa coa finalidade de xerar un impacto real que axude a transformar e a renovar o ensino na Universidade de Vigo.
Obxectivos
- Favorécese a participación activa do profesorado en equipos estables que leven a cabo actividades de innovación, renovación de metodoloxías educativas e afondamento nas competencias docentes.
- Outórgase maior recoñecemento, proxección e difusión ás accións así coma ao profesorado implicado.
- Contribúese a xerar unha cultura cooperativa, interdisciplinaria e de formación permanente para o desenvolvemento profesional do profesorado.
- Priorízase a orientación dos traballos do profesorado á consecución de resultados que teñan impacto na mellora da calidade da docencia na Universidade de Vigo.
GID Aprendizaxe manipulativa da física |
Solicitude de xeración de GID
Ao longo do ano fanse catro convocatorias para solicitar a xeración de GID:
- Xeración de Grupos de Innovación Docente I cuadrimestre (xaneiro-maio).
- Xeración de Grupos de Innovación Docente II cuadrimestre (xullo-outubro).
Requisitos
A solicitude será avaliada pola COAP (Comisión de Organización Académica e Profesorado) e a Área de Formación e Innovación Educativa.
O rexistro de Grupos de Innovación Docente será único e estará centralizado na Área de Formación e Innovación Educativa. Cada grupo ten que ter unha denominación propia que o identifique co seu ámbito de traballo, as principais liñas e as temáticas de innovación nas que se sitúa. Cada grupo encargarase de facer a súa propia difusión.
Composición:
O número de persoas que compoñen o grupo será como mínimo de tres persoas, tendo en conta ao persoal axudante e bolseiro.
Os e as compoñentes do grupo teñen que pertencer á Universidade de Vigo, aínda que poden establecer redes de colaboración con profesorado doutras universidades.
Cada profesor ou profesora só poderá pertencer a un grupo. Se excepcionalmente algún ou algunha docente solicitase a participación en máis dun grupo, deberá solicitalo á Área de Formación e Innovación Educativa.
Coordinación do grupo:
Cada grupo terá unha persoa coordinadora que ten que ser persoal docente e investigador con vinculación permanente coa Universidade de Vigo.
As persoas que exerzan a coordinación teñen que contar cunha avaliación positiva no Docentia Anual.
Funcións de coordinación:
- Exercer a representación do Grupo de Innovación Docente.
- Avisar dos cambios dos grupos.
- Presentar a memoria anual.
Seguimento dos grupos:
Como criterio de renovación e permanencia, cada ano natural os grupos deberán:
- Presentar a memoria coas actividades realizadas, dificultades atopadas e coas propostas de traballo para o ano seguinte.
- Actualizar os seus datos: altas e baixas de persoas, disolución, fusión...
Recoñecemento:
As persoas que participen no Grupo de Innovación Docente poderán solicitar o certificado de participación ou coordinación unha vez que pasaran seis meses da súa creación.
A colaboración nun GID será recoñecida no Docentia Anual e Quinquenal.
Convocatoria de axudas 2019
Ligazón á convocatoria.
Grupos de Innovación Docente
Aprobados no 2016:
- Aprendizaxe manipulativa da física
Coordinador: José Benito Vázquez Dorrío - ALITES (Actualización en literatura española)
Coordinador: Antonio Chas Aguión. - BIOS (Bioloxía, innovación, organización e síntese)
Coordinador: Antonio Carvajar Rodríguez. - Calidade e seguridade alimentaria
Coordinador: Jesús Simal Gándara. - Colaboración coa contorna
Coordinador: Jorge Marcos Acevedo. - DESIRE (Design thinking innovation & research)
Coordinador: Manuel J. Fernández Iglesias. - Docencia aberta_Open Teaching
Coordinador: Xosé María Mahou Lago. - Economía Pública e Fiscalidade Aplicada
Coordinadores: Xosé Manuel González Martínez e José Carlos Álvarez Villamarín. - Educación científica, sustentabilidade e xénero
Coordinadora: María M. Álvarez Lires. - EDU-INNO
Coordinadora: María Dolores Dapía Conde. - GID M3C (Grupo de innovación para o desenvolvemento do laboratorio mecatrónico LEGO_MINDSTORMS na casa)
Coordinador: Julio Garrido Campos. - GIDEITT (Grupo de innovación docente para la enseñanza de la Ingeniería de Tecnologías de Telecomunicación)
Coordinador: Martín Llamas Nistal. - GTEyE (Grupo de tecnoloxía enerxética e educación)
Coordinador: David Patiño Vila. - Grupo de estudos das tecnoloxías libres da tradución
Coordinador: Óscar Díaz Fouces. - HIPATIA
Coordinadora: M.ª de las Nieves Lorenzo González. - I+I=C (Innovación máis investigación igual a calidade)
Coordinador: José Vicente Novegil Souto. - INDBIO (Innovación docente en Bioloxía)
Coordinador: María Jesús Iglesias Briones. - INNOVA Dereito
Coordinador: Pablo Raúl Bonorino Ramírez. - Innovación docente na empresa
Coordinadora: Beatriz González Vázquez. - Innovación na docencia de Matemáticas en Enxeñaría Industrial
Coordinador: Jaime Díaz de Bustamante. - LyCoTeC (Lengua y Comunicación Técnico-Científica)
Coordinador: Antonio Rifón Sánchez. - Dixitais
Coordinador: Alberto Dafonte Gómez. - O ensino da física nas enxeñarías industriais
Coordinador: Fernando Ribas Pérez. - RED-IS (Rede educativa docente-innovar en sociedade)
Coordinador: José Antonio Alonso Rodríguez.
Aprobados no 2017:
- CFD (Dinámica de Fluídos Computacional aplicada a la docencia)
Coordinadora: Concepción Paz Penín. - COMTECART (Comunicación, Tecnoloxía e Contornas Virtuais)
Coordinador: Antonio Pena Giménez. - I2DH (Investigación e Innovación Docente en Historia)
Coordinador: Julio Prada Rodríguez. - ICAROlab
Coordinador: Francisco Javier Díaz Otero. - GIDAAQ (Grupo de Innovación Docente para a Aprendizaxe Activa en Química)
Coordinadora: María Beatriz Iglesias Antelo. - GIDEP (Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial)
Coordinadora: Beatriz Comendador Rey. - Virtualia (Virtualización de materias na docencia universitaria empregando metodoloxías activas)
Coordinador: Antonio Fernández Álvarez. - Pra&Emp (Prácticas na empresa)
Coordinadora: Rocío Rodríguez Daponte.
Aprobados no 2018:
- XEODA (Xeoloxía orientada á docencia)
Coordinadora: Natalia Caparrini Marín. - LIMOPE (Liderazgo y Motivación de Personas y Equipos)
Coordinadora: Ana M. Mejías Sacaluga. - Mundo Microbio
Coordinadora: María José Pérez Álvarez. - HILDEGARD (Innovación en Sexualidade, Xénero e Saúde)
Coordinadora: María Lameiras Fernández. - Educación transformadora: ciencias, comunicación e sociedade
Coordinador: Miguel Cuevas Alonso.
Aprobados en 2019:
- INNOVA-UVigo
Coordinadora: Manuel Raposo Rivas. - IN-PROQUIBIO (Innovación docente en procesos de la industria química, petroquímica y biotecnológica)
Coordinadora: María Asunción Longo González. - EvaFiCo
Mª Beatriz González Sánchez - GID-EIQ (Educando en Ingeniería Química)
Begoña González de Prado.
Se precisas máis información, podes contactar coa Área de Formación e Innovación Educativa
innovacion.educativa@uvigo.es | +34 986 812 035