Recoñecemento de actividades como formación docente
A Área de Formación e Innovación Educativa tenta cubrir as necesidades formativas básicas do profesorado pero é consciente de que non pode abarcar todas as competencias que abranguen á docencia universitaria. Por este motivo recoñecerá coma formación permanente do profesorado as actividades formativas que se desenvolvan nos centros e departamentos e que teñan relación coas competencias docentes.
Requisitos
- O recoñecemento tense que solicitar antes de que se realice a actividade.
- A actividade será financiada polos centros e/ou departamentos da Universidade de Vigo.
- O número máximo de horas recoñecidas para cada actividade de formación será de 20 horas.
- Quedan excluídos desta modalidade os congresos e xornadas de difusión de coñecemento agás aquelas especificamente relacionadas coa formación docente.
- Estas actividades formativas so se lle recoñecerán ao PDI da Universidade de Vigo.
Procedemento
- Cubrirase a solicitude.
- Comunicación de recepción da proposta.
- Comunicación de aceptación/rexeitamento da proposta nun prazo de 2 semanas.
- Ao finalizar a actividade formativa solicitarase á área a activación da enquisa de satisfacción e a activación do formulario da memoria.
- Despois de que se verifique que a memoria é correcta e aporta toda a documentación solicitada (follas de sinaturas, memoria e enquisas), nun prazo dun mes emitiranse os diplomas. Estes serán remitidos á persoa responsable da actividade formativa para a súa distribución.