Vista da sala da biblioteca central

A Biblioteca Universitaria

A Biblioteca Universitaria ofrece un amplo conxunto de recursos de información, espazos e servizos para dar soporte ás actividades de aprendizaxe, docencia e investigación

Presente nos tres campus a través dunha rede formada por once bibliotecas coordinadas pola biblioteca central do campus de Vigo, a Biblioteca Universitaria forma parte da Vicerreitoría de Investigación. 

Aínda que está dirixida principalmente aos membros da comunidade universitaria, a biblioteca permite o acceso de persoas alleas a Universidade de Vigo en calidade de usuarios externos.

Se es estudante novo ou estudante estranxeiro e queres saber como dar os teus primeiros pasos na biblioteca, consulta a nosa Guía para o alumnado de novo ingreso ou a Guía para estudantes internacionais (en inglés).

A biblioteca xestiónase cun sistema de xestión da calidade certificado baixo a norma ISO 9001, completado nas tres bibliotecas centrais por un sistema de xestión ambiental ISO 14001. Do mesmo xeito, forma parte de contornas cooperativas como CRUE-Rebiun, o Consorcio Bugalicia, ISTEC, Dialnet e UNICi2.

Horario ao público

Xullo: horario reducido de 9.00 a 18.50 horas. Agosto: horario de 9.00 a 13.50 horas en todas as bibliotecas.

  • Biblioteca central de Vigo
    De 08.30 a 21.00 horas
  • Biblioteca central de Ourense
    De 08.30 a 21.00 horas
  • Biblioteca central de Pontevedra  
    De 08.30 a 21.00 horas
  • Biblioteca de Belas Artes
    De 08.30 a 20.45 horas
  • Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais
    De 08.30 a 20.45 horas
  • Biblioteca de Ciencias Experimentais
    De 08.30 a 20.45 horas
  • Biblioteca de Ciencias Xurídicas e do Traballo
    De 08.30 a 20.45 horas
  • Biblioteca de Filoloxía e Tradución
    De 08.30 a 20.45 horas
  • Biblioteca de Industriais-Minas
    De 08.30 a 20.45 horas
  • Biblioteca de Telecomunicación
    De 08.30 a 20.45 horas
  • Biblioteca de Torrecedeira
    De 08.30 a 21.00 horas

  • Biblioteca central de Vigo
  • Biblioteca central de Ourense
  • Biblioteca central de Pontevedra
  • Biblioteca de Torrecedeira
     

* Durante estes horarios especiais as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo e de consulta de materiais bibliográficos de libre acceso, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.

  • Biblioteca central de Ourense
  • Biblioteca central de Pontevedra
  • Biblioteca de Torrecedeira

* Durante estes horarios especiais as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudio e de consulta de materiais bibliográficos de libre acceso, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.

  • Queres presentar unha queixa ou unha suxestión? Preme aquí.
  • Queres participar na nosa enquisa de satisfacción? Preme aquí.

Normativas

Regulamento da biblioteca [PDF]326.32 KB Normativa de préstamo [PDF]72.73 KB Normativa uso salas traballo en grupo [PDF]162.67 KB Normativa de doazóns bibliográficas [PDF]223.65 KB Normativa de expurgacións [PDF]44.02 KB

 

Redes sociais

Os contidos desta páxina xestiónaos