Investigo

Repositorio institucional 

Investigo é o repositorio institucional da Universidade de Vigo que recolle, difunde e preserva a produción científica do seu persoal investigador. Artigos, libros, capítulos ou partes de libros, contribucións a congresos e teses de douturamento lidas na universidade, constitúen os contidos do repositorio.

Acceder a Investigo

Como utilizar Investigo

  • Se desexa buscar en Investigo, utilice a caixa de búsqueda situada na parte central da pantalla ou algunha das modalidades de navegación que se ofrecen no menú da esquerda («Buscar por índices» ou «Navegar por facetas»).
  • Se desexa depositar un documento debe iniciar sesión e identificarse coa súa conta de correo institucional @uvigo.gal e o contrasinal de acceso. Deseguido, no menú da esquerda, prema en «DEPOSITAR-Enviar», e siga as instrucións.

Para máis información sobre o repositorio, consulta as súas seccións de axuda ou contacta con investigo@uvigo.gal