Servizos bibliotecarios

Ademais dos recursos de información dispoñibles, a Biblioteca Universitaria ofrece unha serie de servizos e instalacións para facilitar o uso deses recursos, así como as tarefas de aprendizaxe, docencia e investigación.

 

Desexas solicitar a compra dun libro ou outro material para a biblioteca ou pedir a subscrición dunha revista ou una base de datos?

PDI

Estudante

PAS

 

O persoal da Sección de Adquisicións está á súa disposición para calquera información ou aclaración sobre novidades, provedores, prezos, estado dos pedidos etc.

Contacto campus Vigo: Ana Quiroga Fraga  |  xsadqui@uvigo.es  |  986 813 846

Contacto campus Ourense : Gloria Araújo Poutas  |   subdrbco@uvigo.es  |  988 387 285

Contacto campus Pontevedra: Charo Pascual Matarranz  |  subdibcp@uvigo.es  |  986 801 996

 

Analizamos a produción científica dos membros da Universidade de Vigo e elaboramos estudos e informes bibliométricos. Tamén asesoramos ao persoal investigador en materia de publicación e difusión científica.

Que é bibliometría?

Contacto: Ana B. Martínez Piñeiro  |  bibliometria@uvigo.es  |  986 130 236

 

Impartimos cursos e obradoiros para que mellores as túas competencias no acceso, avaliación, xestión e uso da información. A nosa oferta abrangue todos os niveis: alumnado de grao, posgrao e persoal docente e investigador, na modalidade presencial, virtual e semipresencial.

Consulta a oferta formativa

Contacto: referencia@uvigo.es  |   986 813 843

 

Dispós de máquinas fotocopiadoras de autoservizo e de escáneres para a reprodución parcial de obras con fins educativos e de investigación, e respectando sempre as condicións que establece a Lei de propiedade intelectual.

Consuta a nosa guía de propiedade intelectual

 

Ofrecémosche unha selección de recursos por materias que te orientarán á hora de buscar a información que precises amais de guías e titoriais para a autoformación.

Navega polas guías

 

Servizo para obter en préstamo os libros e outros materiais da biblioteca que inclúe a posibilidade de reservalos e renovalos.  

Condicións de préstamo

  • Estudantes de grao e de 1.º e 2.º ciclo da UVigo e centros adscritos: 5 obras, 14 días, 2 renovacións
  • PDI da UVigo e centros adscritos, e profesores visitantes: 40 obras durante tempo indefinido
  • Estudantes de 3.º ciclo da UVigo e centros adscritos, persoas en periodo de elaboración de tese e bolseiros ou contratados de investigación: 10 obras, 30 días, 5 renovacións
  • PAS da UVigo: 5 obras, 14 días, 5 renovacións
  • Externos autorizados: 2 obras, 7 días, 2 renovacións
  • Servizos de goberno e xestión da UVigo: número ilimitado de obras durante 1 ano, renovables
  • Proxectos de investigación: número ilimitado de obras, tempo indefinido, responsable o titular do proxecto
  • Laboratorios: manuais, número ilimitado de obras, tempo indefinido, a cargo do responsable do laboratorio

Consulta a normativa de préstamo

Contacto: xscirc@uvigo.es   |  986 813 845

 

Os servizos de préstamo interbibliotecario e acceso ao documento permítenlles aos membros da comunidade universitaria e demais persoas autorizadas, conseguir libros e documentos que non se atopan nas nosas coleccións. Do mesmo xeito proporcionan documentos existentes na Biblioteca Universitaria a outras bibliotecas e institucións alleas á Universidade de Vigo [EN / ES]

Formulario de solicitude

Contacto: sod@uvigo.es  |  986 813 844

 

Administrador persoal de referencias bibliográficas en liña que facilita a recompilación de información e a creación automática das citas e das bibliografías nos traballos académicos nun estilo normalizado (APA, MLA etc.)

Refworks

 

Algunhas bibliotecas ofrecen salas habilitadas para o traballo en equipo que podes reservar se pertences á comunidade universitaria: biblioteca de Ciencias Experimentais (campus Vigo), biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais (campus Vigo), biblioteca de Industriais-Minas (campus Vigo) e Biblioteca de Telecomunicación (campus Vigo).​​​​

+ info

Conéctate á Biblioteca dende fóra da universidade e accede a todos os recursos e servizos.

+ info

Consulta a nosa Carta de Servizos